Un monólogo fluído e enxebre das cousas de antes e agora nos pobos

Un monólogo maxistral de Marisa Martínez ininterrompido durante 70 minutos, sobre como cambiaron as cousas dende os tempos da avoa e feito con humor galego.

De como eran os amores e o moceo nas casas apalabrando visitas e contos na lareira; o uso e a intrahistoria dos alcumes como a “abuela cichona” a “Marina da Zarangolla” ou a “Carmen, a trilladora”, unha señora de lei. Así mesmo, os bailes na misa cos perversos pasodobres agarrados e as muiñeiras soltas; as citas co médico don Manuel da “María do Pistón”; as rifas ou discusións; a emigración e o inglés do Manuel; a perruquería, os tubos e o famoso casco de secar o pelo. E moitas historias máis.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?