O sábado 25 de marzo presentouse na Casa de Cultura de Sandiás o libro de Polo Rodríguez Salgueiro, veciño da aldea de Arcos no Concello de Sandiás. Damos as grazas aos 22 participantes que asistiron ao acto.
O autor foi presentado polo concelleiro de cultura Pepe Gándara, que agradeceu a participación do público asistente e a Pol o presentar o seu libro e compartilo coa veciñanza. A continuación, o autor de profesión delineante e obra civil e xubilado neste momento relatou sobre o contido lo libro e a súa arquitectura e confesou a súa iniciación na escritura da man dun compañeiro e mestre, Desiderio Pernas, doutor arquitecto en Vigo.
Indicou que o libro foi o seu primeiro escrito e trátase dunha historia de ficción deseñada sobre experiencias reais e escoitadas do que sucedía na sociedade da súa contorna no tempo medio. Actualmente está tamén traducido ao galego. Houbo oportunidade de preguntas por parte dos asistentes e tamén a ocasión de adquirir o libro.
Tamén adiantou o autor que xa ten na cociña outra triloxía sobre novela negra e humor, tamén disposto a compartila cos veciños e veciñas na próxima ocasión.
Por último, agradecer en nome do concello e particularmente do alcalde, Felipe Traveso a Polo a presentación do libro e o compartilo, así como a súa actividade creativa ao redor doutros libros que sabemos está a cociñar. Esperamos que esta experiencia no campo da creación escrita teña continuidade e que outros veciños se animen tamén a compartila neste e outros ámbitos da creación e da creatividade.