O próximo domingo 12 de novembro, ás 09:00, terá lugar a V Xornada Micolóxica, un roteiro guiado pola Asociación Micolóxica «Os Cogordos» (Ourense).
- Destinatarios: veciños e veciñas empadroados no Concello de Sandiás.
- Cando terá lugar? Domingo 12 de novembro, ás 09:00.
- Lugar de encontro: na Casa do Concello.
- Cal é o prezo da actividade? Gratuito.
- Prazo de inscrición: ata o venres 10 novembro, no teléfono do Concello 988 465 001 ou no formulario online.
- Contidos:
- Saída de mañá ao monte e exposición dos cogomelos recolidos.
- Cociña con cogomelos.
- Faladoiro sobre cogomelos, coa asesoría pedagóxica da Asociación Micolóxica «Os Cogordos» de Ourense.
Recoméndase traer roupa e calzado impermeable, navalla, cesto, aperitivo e bebida.