Veciños e veciñas de Sandiás amosan a súa arte na II Exposición de Pintura, Manualidades e Restauración

Froito dos traballos do Obradoiro de Pintura, Restauración e Manualidades, dentro do Programa Mantente Activo que se desenvolveu na Casa de Cultura ao longo do ano 2022, coordinado por Manola Traveso, tivo lugar a inauguración o pasado venres 19 de agosto da II Exposición de Pintura, Manualidades e Restauración na Casa de Cultura do Concello de Sandiás. Deixámosvos aquí un amplo álbum de fotos de acto.

A inauguración estivo acompañada de preto de 80 veciños e veciñas das aldeas e arredores. Presentou a exposición o concelleiro de cultura e a coordinadora do obradoiro, Manuela Traveso, a quen os alumnos regaláronlle un ramo de flores en sinal de agradecemento.

Tratouse dunha mostra composta de preto de trinta cadros de pintura ao óleo con temáticas referidas a paisaxes, bodegóns, flores, mariñas, motivos infantís; preto de oito pezas de manualidades como xarróns e preto de dez pezas de restauración como muíños, ferros antigos, cadeiras, palanganeras, elaborados todos durante este último ano.

En definitiva, unha magnífica mostra de preto de cincuenta pezas que pon de manifesto o potencial artístico creativo dos veciños e veciñas para educar e gozar coa mirada e que se pode seguir visitando ao longo de todo o mes de agosto e inicios de setembro de martes a domingo entre as 16:00 e as 20:00.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?