Verbas do Alcalde Felipe Traveso a propósito da celebración do Magosto Popular

Boa tarde. Mañan sería un día importante no noso Concello. Habería magosto. Un día de moito traballo para nós, equipo de goberno, traballadores do Concello, e voluntarios e voluntarias que desinteresadamente colaboran con nós, pero á vez moi recompensado pola masiva asistencia dos nosos veciños. Este ano non vai poder ser. Moita mágoa me da, pero este bicho que non se ve, impídenos facer este tipo de celebracións.


Vouvos dicir unha cousa, o ano que vén, volveremos a celebrar o noso magosto cómo se merece e nos merecemos, nós traballando duro e vós desfrutando.


Pídovos que teñades moito coidado, respetade as recomendacións sanitarias, a ver se polo menos podemos desfrutar un pouquiño do Nadal, e non temos mais contaxios no Concello. Moito ánimo a todos e todas e, para o ano desquitámonos. Unha aperta virtual.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.