Visita guiada ao Románico da Limia e ao Tardogótico de Sandiás

Un grupo de persoas de diferentes localidades realizarán unha visita guiada o 24 de outubro á fermosa Igrexa de Santo Estevo no Concello de Sandiás, no contexto da celebración do V Centenario da Igrexa. A visita estará conformada por unha ruta arqueolóxica de mañá por Santa Mariña de augas Santas en Allariz e pola tarde unha histórico-artística polo Románico da Limia  e o Tardogótico de Sandiás.

A visita está organizada polo Concello de Sandiás e a Parroquia e dirixida por Xeitura Cooperativa, grazas a unha subvención da Axencia Galega de Turismo. A visita da tarde dura case unha hora e media e pasarase revista de maneira particular ás portas manuelinas de entrada, á torre da igrexa cos arcos apuntados e ao famoso retablo do interior do importante escultor Francisco de Moure.

Finalmente, a visita foi adiada por mor da actividade sanitaria actual.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.