Voluntarios de Protección Civil de Sandiás fórmanse na búsqueda de persoas desaparecidas

O pasado sábado celebrouse no Concello de Xunqueira de Espadañedo o curso de formación para voluntarios e voluntarias de Protección Civil «Busca de persoas desaparecidas».

Os obxectivos que trataron de acadar os participantes no curso son os seguintes:

  • Coñecemento do marco legal
  • Investigación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
  • Utilización de cans de venteo e rastro
  • Organización do voluntariado de protección civil.
  • Utilización de drons e novas tecnoloxías na procura de persoas desaparecidas.

No curso dirixido a persoal voluntario de Protección Civil participou Fernando Gándara Gándara do noso concello, que se formou con grandes profesionais e moderna tecnoloxía. Este curso forma parte da formación descentralizada da Academia Galega de Seguridade Pública – AGASP a través do servizo de emerxencias de Ourense.

Dende o concello apostamos firmemente pola formación para dar o mellor servizo aos veciñ@s a través dos voluntarios da nosa Agrupación de Protección Civil.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.