Xunqueira de Ambía, Allariz e Sarreaus de visita guiada na Igrexa de Santo Estevo

O 12 de Outubro, a Guía Oficial de Xeitura Cooperativa, realizaba a segunda das visitas guiadas á Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, promovidas polo concello en colaboración coa parroquia e subvencionadas pola Axencia Galega de Turismo.

Foron protagonistas un grupo de visitantes que proviñan de Xunqueira de Ambía, Allariz e Sarreaus que puideron comprobar como o rural tamén atesoura un rico patrimonio que, moitas veces, conxuga a arte coa relixiosidade. É o caso do belo conxunto que forman en Sandiás a igrexa de Santo Estevo, a Rectoral e o antigo Cruceiro, preto do Camiño Real, do Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela e ao carón da Vía Nova XVIII.

A ruta histórico-artística e arqueolóxica continuaba por San Salvador dos Penedos, Santa Mariña de Augas Santas e Armea.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.