O alcalde do Concello de Sandiás, Felipe Traveso, foi recibido por Manuel Baltar na Deputación de Ourense. O portavoz de Agrelsan viña denunciando dende hai tempo a actuación do presidente da Deputación de Ourense polo “trato discriminatorio co seu concello” e de conculcación do principio de cooperación institucional, porque facía “case dous anos que non o recibía”.
Manuel Baltar e Felipe Traveso mantiveron unha reunión onte, xoves 24 de xuño, despois dunha prolongada paréntese no diálogo sobre a cooperación institucional. O rexedor municipal declarou que esta xuntanza era “moi esperada” para tratar todas as necesidades e demandas que ten a veciñanza do concello.
Felipe Traveso expresa que, aunque o inicio do encontro institucional foi “ríxido” e ·”tirante”, afortunadamente no desenvolvemento da reunión foise logrando un clima “distendido”, “cordial” e de “entendemento e cooperación institucional” entre as dúas administracións. Trataronse temas importantes para o concello e o presidente foi moi receptivo con todas as propostas que o rexidor lle trasladou. Así mesmo indicou que, en breve, veránse plasmados na realidade os compromisos adquiridos nesa productiva reunión.