Felipe Traveso presente no acto de remate do Obradoiro de Emprego «no Camiño 2022» organizado entre Xinzo e Sandiás

O martes 26 de setembro de 2023, nun acto en Xinzo, clausurouse o Obradoiro de Emprego no Camiño. Ao acto asistiron, o alcalde de Sandiás, a ex alcaldesa Elvira Lama, o xefe territorial da Consellería e o alcalde de Xinzo, Amador Díaz. Recibiron os diplomas os alumnos e alumnas que durante os últimos nove meses participaron no obradoiro.

No que respecta a Sandiás, tomou a palabra Felipe Traveso, o cal incidiu no tema de colaboración, antes con Elvira e agora con Amador: «é moi fácil, xuntos somos máis fortes independentemente das dimensións dos dous concellos». Rematou a súa intervención dicindo que dende os anos que leva como alcalde, que xa fixo moitos obradoiros, podo dicir que este foi dos máis produtivos que se fixeron. Podo dicir sen temor a esaxerar que este foi un obradoiro modelo. O propio alcalde, Amador Díaz Penín indicou a “intención de seguilo ofertando conxuntamente durante máis edicións”.

En Sandiás, o obradoiro estivo traballando nas áreas recreativas das aldeas de Couso de Limia, Sandiás (O Souto e Campo de San Nicolás), Chousela e Piñeira de Arcos (área recreativa e patio das vivendas sociais). Os integrantes do obradoiro estiveron desenvolvendo en relación coa xardineria, traballos de desbroce e limpeza, perfilación de valados, podas selectivas de árbores, plantacións arbustivas mantemento de xardíns, semente de céspede etc. En relación coa carpintería, listonado de madeira deteriorada en áreas recreativas, substitución de xardineiras por outras de madeira, restauración de bancos de madeira, instalación de macetas de madeira, execución de entramado de madeira en muro de contención existente e reparación ou reposición de elementos deteriorados en zonas de xardíns, construción de muro-celosía e outras actividades varias.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?