O pasado xoves, 1 de setembro a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta Susana López Abella visitou o programa Hypatia xunto aos alcaldes e alcaldesas dos concellos anfitrións, concelleir@s e tamén acompañada polo xefe territorial en Ourense. Entre os concellos anfitrións estaba o de Sandiás representado polo seu alcalde, Felipe Traveso.
Nas fotografías móstranse diversos obradoiros desenvolvidos no Local Social de Sandiás e no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela animados por Laura Seara e Tareixa Taboada entre outr@s. En concreto, desenvolveranse en Sandiás os obradoiros de Visibilización, coñecemento e recoñecemento das mulleres (13 xullo), Obradoiro de autoestima e benestar con perspectiva de xénero (2 de agosto), Celebración dun encontro-debate en formato Cinema-Forum (30 de agosto), Obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción definitiva do perfil e o CV (6 de setembro) e Obradoiro de Autoemprego e emprendemento das mulleres (20 de setembro).
Tamén mostran as fotografías do acto en Xinzo onde estivo presente a Secretaria Xeral da Igualdade e os representantes dois concellos que desenvolven o programa. Todos tiveron o seu momento de intervención. O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, desexou que a formación e o asesoramento recibido “vos resulte produtivo, porque estades en moi boas mans”.
O Programa Hypatia é un exemplo de cooperación local e xestión compartida en políticas de Igualdade, deseñado para a comarca da Limia. Leva o nome da primeira científica da historia. Os concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Sandiás, nun exercicio de cooperación institucional, deseñaron este Programa no marco da convocatoria da Xunta de Galicia.