O Delegado da Xunta Gabriel Alén visita o Concello de Sandiás

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, aproveitou a súa estadía no Concello de Sandiás para manter unha reunión de traballo co alcalde, Felipe Traveso, e o equipo de goberno, onde se analizaron as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica.

Entre os variados temas que se  falaron e se lle demandaron foron a urxencia de garantir a  limpeza de pistas usadas por agricultores e  gandeiros; a necesidade dun tractor con rozadora lateral que facilite e  axilice a mecanización das rozas e así optimizar e facer  máis eficaz o tempo de  limpeza da biomasa; o peche do polideportivo  dacordo  coas  novas normas da arquitectura  pedagóxica e que pemita un uso polivalente por parte dos rapaces e a  veciñanza; a revisión  do Plan sectorial das areeiras de Sandiás; a  necesidade dun coche adicado a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e a mellora da  cantidade e calidade de atención á dependencia.

Tamén aproveitou para visitar o Albergue de Peregrinos e as reformas que se fixeron nel subvencionadas pola Axencia Galega de Turismo. Ademáis dos pavimentos dos baños, aplicación de esmalte, mellora da carpintería, adaptacións dos baños e instalación de alarma, destaca especialmente a substituión de pequenas fotos colgadas nas paredes moi deterioradas. No seu lugar foron colocados paneis de lona de gran tamaño personalizados con imaxes que recrean varios elementos do patrimonio viario natural, etnográfico e histórico.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?