O delegado territorial da Xunta en Ourense reuníuse co Alcalde de Sandiás

O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, tivo unha reunión co novo responsable da Xunta en Ourense. O delegado territorial, Gabriel Alén Castro, tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica recibiu ao alcalde de Sandiás, co que analizou as principais demandas deste Concello en relación á administración autonómica

Os principais asuntos que trataron o delegado e o rexedor, Felipe Traveso foron en materia de infraestruturas varias. O delegado destacou recentes inversións como a mellora da eficiencia enerxética na Casa do Concello, das infraestruturas do PAI así coma en materia de prevención e defensa contra incendios. Así, durante a xuntanza, fixeron repaso dos proxectos e necesidades que se demandan da Xunta de Galicia.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.