O Presidente Provincial da Deputación, Luis Menor, recibe ao alcalde de Sandiás, Felipe Traveso

O presidente provincial, Luis Menor Perez, mantivo unha reunión co alcalde do Concello de Sandiás, Felipe Traveso ao longo da mañá do mércores 22 de novembro acompañado de Tito Traveso, concelleiro do grupo de goberno.

O novo presidente da Deputación vén de continuar coa rolda de contactos cos alcaldes da provincia, co fin de escoitar as súas propostas e necesidades, ademais de explicar persoalmente as novas liñas estratéxicas que marcarán a xestión da institución provincial.

A reunión institucional desenvolveuse nun ambiente, moi positivo, fluido e cordial e de amizade na que se abordaron diversos asuntos de colaboración institucional e analizando polo miúdo os proxectos nos que está colaborando a Deputacion e as necesidades do Concello de Sandiás. Tratáronse diversos temas importantes para o concello e o presidente foi moi receptivo con todas as propostas que o rexidor lle trasladou, de forma que, en breve e de xeito progresivo veránse plasmados na realidade os compromisos adquiridos nesta produtiva reunión.

Por último, o alcalde Felipe Traveso quixo tamén por en valor o cambio radical na política de financiación e a cooperación cos concellos realizado pola entidade provincial que potenciará a súa autonomía, e será un paso máis para acabar definitivamente co reparto inxusto e arbitrario dos fondos públicos na provincia practicado durante moitos anos.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?