O alcalde de Sandiás Felipe Traveso viaxou a Cataluña con outros alcaldes e alcaldesas da zona para coñecer proxectos diferentes nas comarcas da Garrotxa e de Osona. Estos proxectos, que están en fase experimental ligados á Universidade de Vic, desenvólvense no Centro Tecnolóxico en Biodiversidade, Ecoloxía, Tecnoloxía Ambiental e Alimentaria (BETA). Este centro “naceu en xuño de 2014, para dar impulso á actividade investigadora no campo das tecnoloxías ambientais na Universitat de Vic-Universitat Central de Catalunya (UVic-UCC)”. Tamén tiveron unha xuntanza con ARCA (rede de grupos de desenvolvemento rural de Cataluña.
Na comarca VIC, zona de alta concentración de granxas de porcino, visitaron actuacións que levan acometido para a redución de puríns e iniciativas complementarias á gandería intensiva.
Tamén visitaron o Parque Natural La Fageda e o Volcán El Crosat, guiados por un guía especialista. Pola tarde visita a Santa Pau e a Besalú dous pobos medievais con moitos recursos económicos vencellados ao turismo. Houbo tamén unha visita ao Parque Natural da Garrotxa onde están a desenvolver experiencias de desenvolvemento rural en parques e en zonas de montaña.
Por último, visita ao Proxecto ODISEO e plataforma vivir rural, proxectos cataláns de fixación de poboación moza no territorio rural, en todo tipo de actividades económicas. Trátase dunha actividade programada polo Limia Arnoia GDR 10, para alcaldes e alcaldesas que forman parte de dito grupo de desenvolvemento rural.