Visita da Conselleira de Emprego e Igualdade ao Programa Hypatia de Xinzo, Vilar de Barrio e Sandiás

O 26 de setembro, pola tarde, tivo lugar a visita da Conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia Elena Rivo ao Programa Hypatia que imparte RedTalento a mulleres dos concellos de Concello de Xinzo de Limia, Sandiás e Vilar de Barrio. Na súa intervención apoiou as súas intervencións e departiu coas participantes escoitando as súas propostas.

Un programa deseñado para fomentar a autoestima e a participación das mulleres en todos os eidos, social, cultural, político, deportivo o e económico. Moitos e variados talleres e obradoiros para a promoción da igualdade e para previr a violencia de xénero. Asesoramento xurídico e psicolóxico para aquelas que o necesiten com persoal especializado.

A ex alcaldesa Elvira Lama e os alcaldes de Vilar de Barrio, Manuel Conde e de Sandiás, Felipe Traveso xunto con concelleiras de varios concellos acompañaron o acto e desexáronlle a todas que este programa resulte efectivo para a súa vida persoal e laboral. A igualdade é un Camiño de moi longo percorrido, que será mais doado coa participación de todas e todos!

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.