Xinzo e Sandiás xuntos de novo na posta en marcha do obradoiro “No Camiño 2022”

A mañá do 5 de Outubro na Casa do Concello de Xinzo de Limia, a alcaldesa Elvira Lama e o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, presentaron o Obradoiro de Emprego “No Camiño 2022” que terá unha duración ampliada de 12 meses e ofrecerá prácticas de traballo, cursos de formación e un salario a 20 alumn@s de ámbolos dous concellos. Tamén se incorpora unha directora e monitores para a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e para a especialidade de Instalacións de elementos e carpintería.

Despois do último Obradoiro de Emprego que revalorizou a Vía da Prata ao seu paso por Xinzo de Limia e Sandiás, os dous concellos volven a unir as súas forzas para realizar novas obras de acondicionamento no Camiño de Santiago e favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas.

O obradoiro ofrecerá formación nas especialidades de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e na de Instalación de elementos e carpintería. En Sandiás, o obradoiro traballará nas áreas recreativas das aldeas de Couso de Limia, Souto e Chousela, o Campo de San Nicolás e o patio do edificio de vivendas sociais de Piñeira de Arcos.

O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, destacou esta “oportunidade de formación, xa que aprendendo tamén se traballa”. O rexedor insistiu en que “tanto Elvira Lama como eu estamos ao voso dispor e estou seguro de que este Obradoiro volverá a ser formidable”.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?