Comunícase a tódolos veciños que se publicou no DOG a convocatoria que establece as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida.
Persoas beneficiarias:
- Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
- Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos(as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 euros o mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereiro á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes.
Para realizar calquera consulta poden chamar o teléfono do Concello (988.46.50.01) en horario de oficina (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).