Comunícase a tódolos interesados que no DOG do día 17 de xaniero de 2023 se publicou a Resolución pla que se aproban as axudas para actuacións de correción de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e se establece a convocatoria para o ano 2023.
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remata, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
Importe da subvención: será do 70% do orzamento do investimento subvencionable ( orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio tendo en conta o valor de mercado), co límite máximo de 3.000 euros por solicitante e ben.
Prazo de presentación: dende o 18/01/2023 o 17/02/2023 ou ata esgotamento do orzamento.
Para calquera información poden pasar polo Concello ou chamar o teléfono 988.46.50.01 en horario de oficina de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
O Alcalde