Axudas para o aluguer de vivenda do Plan Estatal

Comunícase a tódolos interesados que no DOG do día 30 de marzo publicouse a resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo pola que se convocan axudas ao aluguer de vivenda do Plan Estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021.

Establece dúas liñas de axuda:

a) Liña A, axudas para o aluguer de vivenda: a finalidade é facilitar o disfrute dunha vivenda en réxime de aluguer a sectores da
poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas a persoas inquilinas.

b) Liña B, axudas á mocidade para o alquiler de vivenda habiltual e permanente: a finalidade é facilitar o acceso o
desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de aluguer, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o otorgamento de axudas directas as persoas inquilinas.

Prazo de solicitudes: ata o 30 de abril de 2021.

Os interesados poden pasar a informarse polo Concello ou chamar o teléfono 988.46.50.01 en horario de oficina (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.