Bando clasificación montes veciñais man común Piñeira de Arcos

Comunícase que o xoves, 23 de setembro de 2021 saiu publicado no DOG o edicto relativo ó inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Parroquia de Piñeira de Arcos, a favor dos veciños e veciñas da parroquía de Piñeira de Arcos (San Xoán), no concello de Sandiás.


No DOG aparecen as parcelas obxecto de clasificación e as parcelas lindeiras.


Ponse en coñecemento de tódolos interesados indicándolles que se abriu un periodo de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que estimen convintes, así como aportar o documentos e informacións que xulguen oportunas, ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.