Bases para a contratación laboral temporal a tempo completo dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

Comunicamos a todos os interesados e interesadas a publicación das bases para regular o procedemento de selección para a contratación temporal de cinco traballadores: un xefe de brigada e catro peóns. Formarán parte dunha brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o exercicio 2022 do Concello de Sandiás, no marco do Convenio Interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Sandiás para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.”

Preme o seguinte botón para ler as bases:

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?