Bases reguladoras para a concesión de axudas a través dos Bonos Culturais

Comunícase a tódolos interesados que o venres 14 de outubro se publicaron as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competivia, a través dos bonos culturais, e se procede a súa convocatoria para o ano 2022 e a apertura de prazo para a adhesión das entidades e dos establecementos culturais.

  • Actividades subvencionables: nos establecementos de Galicia adheridos o programa, compra de productos culturais, a adquisición de música grabada en formato CD, vinilo, etc.. De material audiovisual en formato físico, de libros, de videoxogos, entradas de cine, para concertos de música e para espectáculos escénicos, de entradas para calquera institución cultural e para adquisición de calquera outro tipo de ben cultural.

  • Importe: desconto do 50% da compra realizada ata un máximo de 50 euros.

  • Solicitude: deberá facerse na web www.bonocultura.gal

  • Prazo: a partir do 2 de novembro e serán válidos ata o 31 de decembro.

Para calquera dúbida poden pasarse polas oficinas do concello ou chamar o teléfono 988 465 001 en horario de oficina (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?