Coidados porta a porta no Concello de Sandiás

Comunícase a tódolos veciños que os vindeiros días 14, 15 e 16 de decembro de 2022 ubicarase o autobús de “Coidados
porta a porta” no Concello de Sandiás cos seguintes servizos:

  • Servizo de audioloxía: atención básica, informativa e de prevención.

  • Servizo de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas).

  • Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención de soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Información e cita previa: 622 748 283 – 623 546 992

Email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?