Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

Comunícase a tódolos interesados que a EGAP convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico.

Beneficiarios: empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con
inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Prazo de presentación: dende o 17 ao 27 de febreiro de 2023, dende as 9:00 horas ata as 23:55 horas da data de finalización.

Deberán dispor:

  • Un ordenador con conexión á internet.
  • Un navegador web actualizado.

Para calquera información poden pasar polo Concello ou chamar en horario de oficina o teléfono 988465001 (de luns a venres en de 9:00 a 14:00 horas).

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?