Medidas de aforro de auga pola escaseza de choivas

A escaseza de choivas nos últimos meses provocou que os caudais dos ríos sexan moi inferiores aos normais nesta época do ano.

Dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pídesenos que tomemos medidas:

  • Aforro no uso da auga en destinos non prioritarios, como por exemplo rega de xardíns.
  • Reduce o uso de lavalouzas e lavadora: utilízao só cando estean cheos.
  • Emprega ducha no canto de bañeira e reduce o tempo.
  • Revisa posibles fugas na instalación.
  • Coloca atomizadores ou redutores nas billas.
  • Pecha a chave mentres te lavas os dentes e usa un vaso para enxaugar.
  • Para limpar emprega cubos de auga no canto de mangueiras.
  • Auga que non uses, non a deixes correr.

Pídese a colaboración da poboación para o logro dun aforro no consumo de auga que redundará no beneficio de todos.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?