A Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) e a Concellería de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, ofrecen “Obradoiros de estimulación cognitiva” destinados a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito ao longo do ano 2022. Trabállase a estimulación da memoria, a linguaxe, a atención e a orientación.
Os grupos serán homoxéneos e reducidos cun máximo de 12 persoas e un mínimo de 6. Agora mesmo, coa situación socio-sanitaria que estamos a vivir, é moi importante que a xente sea capaz de rachar coas situacións de soidade e de crear espazos comunitarios onde observar, contrastar, dialogar, divertirse, compartir experiencias positivas e negativas, animarse mutuamente, etc.
O mes de febreiro e parte de marzo están adicados a campaña de difusión dos talleres e a buscar persoas interesadas entre a veciñanza das distintas aldeas de Sandiás de modo que a mediados de marzo xa comenzaríamos a organizar as sesións, sempre respectando as medidas preventivas covid-19.
Para inscribirse nos obradoiros, poden dirixirse ao teléfono da Casa do Concello (988 465001) ou cubrir o formulario on line habilitado no final desta páxina. As prazas son limitadas, e as inscricións poden realizarse ata o 25 de marzo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.