Obtención dos certificados de Lingua Galega

Comunícase a tódolos interesados que no DOG do día 17 de marzo de 2021, publicouse a Resolución de 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 1,2,3 e 4 no ano 2021.

Prazo: ata o 1 de abril de 2021.

As probas dos distintos niveis CELGA serán nos meses de maio e xuño de 2021, sempre que a evolución da crisis sanitaria ocasionada pola Covid-19 o permita.

As datas concretas serán debidamente publicadas no DOG así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Os interesados poden pasar polas oficinas do Concello para informase ou chamar o teléfono 988465001 en horario de oficina (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?