Despois de varias fases de instalación de máis de 400 puntos de tecnoloxía led en case todas as aldeas do concello, na quinta fase executouse a instalación led no interior da aldea de Piñeira de Arcos (47 puntos LED), na aldea de Santa Ana (24 puntos LED) e na aldea de O Castro (12 puntos LED).
En total 83 puntos LED cunha inversión de 40.000 euros aportados polo Fondo de Compensación Ambiental (Xunta de Galicia). En total, a suma da inversión ascende ata o momento a case 300.000 euros. Operarios especializados pertencentes a empresa Elyte leva a cabo os traballos de instalación.
Con esta nova tecnoloxía LED o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gana en sustentabilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e de servizos do concello.