O sábado 9 de setembro na Casa da Cultura de Sandiás varias familias disfrutaron de Latexos, as lendas do Castro, para para nenos e nenas maiores de 2 anos da compañía K Paparota Teatro promovida polo programa FalaRedes de Política Lingüística.
Un espectáculo en clave de humor que, a través de obxectos de mesa e monocreques, convidounos a mergullarnos na maxia das lendas galegas como a pegada do cabalo xentil capaz de dar saltos maravillosos, a pita dos ovos de ouro, trabes soterradas e xigantes lanzapedras que nos acompañaron nunha viaxe chea de fantasía e retranca.
Grazas a Patricia pola animación e as familias cos nenos e nenas pola súa participación.









