45 miradas, unha mesma paixón: a arte conquista Sandiás

A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Sandiás acolle ata o 20 de agosto a VI Exposición de Pintura, unha mostra que recolle o talento e a creatividade dos participantes no Obradoiro de Pintura do programa “Mantente Activo” organizados en tres grupos cun total de 32 participantes. Unha exposición  consolidada como unha das citas culturais máis destacadas do verán no municipio.

A VI Exposición de Pintura abriu as súas portas o pasado 10 de xullo na Sala de Exposicións da Casa da Cultura do Concello de Sandiás, reunindo un total de 45 obras realizadas polos alumnos e alumnas do Obradoiro de Pintura, actividade integrada no programa municipal “Mantente Activo”, desenvolvido ao longo do ano 2026.

A inauguración contou coa asistencia de máis de medio cento de veciños e veciñas das distintas aldeas do concello e da comarca da Limia. O alcalde, Felipe Traveso, foi o encargado de abrir o acto, destacando “os seis anos consecutivos do obradoiro e da exposición de pintura, a gran participación existente e a impronta especial que lle achega o artista plástico Xosé Eladio”.

Pola súa banda, o coordinador do obradoiro presentou as obras expostas e salientou como principal novidade desta edición a introdución da pintura acrílica, unha técnica que permitiu aos participantes experimentar con novas posibilidades expresivas, destacando polas súas pinceladas, texturas e a intensidade das súas cores.

En representación do alumnado, Chus Teijeiro tomou a palabra para agradecer a presenza do público e expresar o seu recoñecemento ao alcalde por manter esta iniciativa cultural durante seis anos consecutivos, permitindo que cada vez máis persoas descubran e desenvolvan as súas inquedanzas artísticas.

A exposición reúne obras realizadas en óleo, acrílico e acuarela, cunha ampla variedade temática na que se poden contemplar paisaxes, retratos, bodegóns, flores, escenas da natureza e composicións de inspiración fantástica. Entre os motivos representados destacan beiras de río, faros, amenceres, muíños, o burro de Juan Ramón Jiménez, xarróns, sirenas, centauros, bailaoras de flamenco, motivos tropicais, matrioskas, bailarinas e pescadores, entre outros motivos.

A mostra constitúe un excelente reflexo do talento artístico e da capacidade creativa dos veciños e veciñas de Sandiás, ao tempo que evidencia o valor dos obradoiros culturais como espazos de aprendizaxe, expresión e convivencia. Por primeira vez participan tamén nenos e nenas e xóvenes.  Neste senso hai que facer mención da participación de Ariana, gañadora  do Concurso de Cartaces do Entroido Infantil de Xinzo de Limia.

A VI Exposición de Pintura poderá visitarse ata o 20 de agosto na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Sandiás, de martes a domingo, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.