A Xunta de Goberno Provincial da Deputación de Ourense vén de aprobar achegas para melloras en infraestruturas e diversas actividades. No que atinxe ás axudas para o Concello de Sandiás, aprobouse uha axuda de 50.000 Euros para a pavimentación de accesos ao núcleo da aldea de Cardeita.
Os principais traballos executados desenvolvéronse en dous accesos a aldea de Cardeita, concretamente no chamado Barrio dos Perces e no Barrio da Carreira e consistiron na limpeza de salvacunetas e caños existentes, limpeza de cunetas mediante retroexcavadora, limpeza dos bordes laterais dos viais mediante desbroce e eliminación de vexetación, limpeza enérxica do pavimento, reparación total e bacheo mediante grava e rego alfástico, rexeneración do pavimento mediante doble rego asfáltico, nun tramo determinado, pavimento sobre hormigón existente, posta a cota dos pozos a nova rasante da rúa así como reposición dos cercos e reixas.
Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas de xeito progresivo, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais na medida do posible.
A obra foi licitada e adxudicada a empresa TRANSPORTES Y EXCAVACIONES P. PROL.