A administración preto de ti en Sandiás

O pasado xoves, 20 de marzo ás 10.00 h tivo lugar na Casa de Cultura de Sandiás unha charla informativa que impartiu personal do INSS da TXSS e do SEPE para dar a coñecer entre os veciños e veciñas servizos destas unidades como prestacións e subsidios de desemprego, requisitos e trámites precisos para acceder á xubilación, informes de vida laboral e cotizacións e realización de xestións varias a través da sede electrónica, entre outros.

Os veciños estiveron moi interesados na charla e no asesoramento persoal en relación cos servizos aos que se pode acceder. Os técnicos indicaron a intención de que o cidadán teña unha relación directa coa administración áxil e dinámica, sin ter necesidade de desprazarse a capital.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.