O Alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, no encontro dos alcaldes da comarca da Limia co Conselleiro de Medio Rural

José González, conselleiro de Medio Rural máis a directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, mantiveron o xoves, 1 de Outubro, un encontro cos alcaldes da comarca da Limia para comunicarlles a posta en marcha do Plan extraordinario de reparación de camiños da comarca da Limia, cun presuposto inicial para este ano 2021 de 600.000 euros. Dito plan está enmarcado no Plan Estratéxico do Sector Agrario da Limia.

O conselleiro de Medio Rural anunciou a reparación da rede viaria da comarca que conta cun total de 4.718 kilómetros repartidos por 18 concellos, utilizada especialmente por agricultores e gandeiros. Neste senso, Medio Rural solicitoulle a cada un dos concellos a localización dos camiños ou tramos dos mesmos prioritarios para o seu arranxo neste ano quedando para unha planificación posterior os restantes. Os traballos que se van a desenvolver por parte de Medio Rural e coa colaboración da Deputación de Ourense cedendo maquinaria pesada consistirán na limpeza das cunetas e da vexetación presente nos camiños, na rehabilitación das obras de fábrica xa existentes e no  barrido e bacheo de zonas que o precisen.

Falando de cifras, destacou José González a inversión dun total de 32. 5 millóns de euros na potenciación do sector agrario da Limia. Destacar os 12 millóns de euros destinados a limpeza de canles e camiños e outros 15.9 millóns de euros destinados a abordar un proxecto de mellora da eficiencia e sostenibilidade dos regadíos na Limia no marco do Plan de resiliencia promovido polo executivo do Estado para facer frente aos efectos da covid-19 coa axuda dos fondos Nest Generation.

Por último, o conselleiro anunciou tamén a aportación de 4 millóns de euros máis para completar a rede de pozos de regadío e que xa están encargados os traballos de inicio de preparación dos 42 novos pozos comprometidos coas catro comunidades de regantes beneficiadas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?