A campaña “Galicia Sabe Amar” chega a Sandiás

O vindeiro 3 de abril, a campaña institucional #GaliciaSabeAmar, impulsada pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea, fará parada no CEIP Sandiás, en horario de 11:30 a 13:00 h.

Trátase dunha iniciativa que promove o consumo de produtos do mar galegos, destacando o seu valor nutricional, a calidade e o esforzo dos profesionais da pesca e do marisqueo. A través dunha proposta divulgativa e gastronómica, os asistentes poderán degustar petiscos elaborados con produtos certificados do mar e da terra, achegando así o sabor das nosas rías a toda a cidadanía.

 

Unha oportunidade para seguir apoiando o sector marítimo-pesqueiro e para poñer en valor os recursos que Galicia ofrece.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.