0 pasado 27 de febreiro en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP, celebrouse o segundo encontro de alcaldesas e concelleiras onde dialogaron sobre boas prácticas e propostas de futuro para promover políticas sociais coa mocidade co gallo da celebración do 8 de Marzo.
O encontro comezou coas intervencións de apertura de María Barral vicepresidenta da Fegamp e de Inés Rey, alcaldesa da Coruña. De seguido celebrouse a mesa “As alcaldesas falando dos riscos e ameazas para as mozas” coa intervención de Cristina Cid, alcadesa de Allariz; Marián Ferreiro do Concello de Narón; Uxía Oviedo, Concello de Maceda; Marisal Morandeira do Concello de Guitiriz e Paula Fernández do Concello de Silleda.
A segunda mesa tivo como título “Concelleiras galegas abordan boas prácticas en igualdade co foco na mocidade” e contou coa intervención de Carmen Porto do Concello de Ames, María Pilar Cabrera do Concello de Sandiás; Selene Gómez do Concello de Salceda de Caselas; María do Carmen Muiño do Concello de San Sadurniño; María Ortega do Concello de Moaña e Navidad Parada do Concello de Sanxenxo. Moderou a mesa a exsecretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara Sobrado.
A concelleria do Concello de Sandiás, Mª Pilar Cabrera Gómez, concelleira de Política Social e Participación Cidadá aportou unha boa morea de boas prácticas en igualdade dende a experiencia do concello. Boas prácticas en relación con acción formativas, orientación laboral e acompañamento (Programa Hypatia, Programa Rosalía), accións de sensibilización (visionado de películas, grandes murais colaborativos en diferentes aldeas do concello, concertos de música, maxia pola igualdade, presentación de libros destacando mulleres senlleiras das distintas aldeas); mútiples accións educativas a través de Punto de Atención Infantil (PAI) e Ceip de Sandiás; accións que favorecen a igualdade a través da conciliación (Campamento de Verán “Concilia pola igualdade”); accións que favorecen a integración laboral de persoas desempregadas e unha discriminación positiva en favor das mulleres (Obradoiros de emprego no ámbito da carpintería e xardineria de xestión compartida), entre outras iniciativas.