A Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, María Encarnación Rivas Díaz, recibe ao Alcalde de Sandiás, Felipe Traveso

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo,  dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Encarnación Rivas Díaz  mantivo unha reunión co alcalde do Concello de Sandiás, Felipe Traveso ao longo da mañá do pasado luns 4 de Novembro en Santiago de Compostela.

 

A reunión institucional desenvolveuse nun ambiente, moi positivo, fluido e cordial na que se abordaron asuntos de colaboración institucional e analizando polo miúdo os proxectos e as necesidades demandadas polo Concello de Sandiás. Tratáronse temas importantes para o concello e a directora xeral foi moi receptiva coas propostas que o rexidor lle trasladou e que de seguro se verán concretadas na realidade próximamente.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?