A empatía  e a xestión dos enfados  para chegar a calma como teimas das actividades do pai e do ceip de Sandiás.

En primeiro lugar Reme, a coordinadora do proxecto lector da Furgoteca visitou o PAI de Sandiás co contacontos “Ás veces mamá, ten tronos na cabeza” destinado as crianzas que nestas idades ainda non teñen desenvolvida a empatía. Depois visitaron o servizo de préstamo e colleron o seu libro favorido para a súa escola.

Posteriormente o proxecto lector aterrou na etapa infantil do Ceip de Sandiás cunha actividade dividida en dúas partes. Na primeira, lectura dun contacontos “Todo o que sei cando me enfado” de Jaume Copóns. Un conto que afonda no enfado e que lles encantou e onde se amosan ferramentas para recoñecelo e xestionalo para chegar a calma. Na segunda parte fíxose unha dinámica de ioga infantil (un mudra chulísimo) para comprobar como a través desta técnica de relaxación pódense flexibilizar as emocións. Como proposta final cantaron e bailaron unha bonita canción que leva por título Elástico.

Tanto ou PAI como o Ceip de Sandiás danlle as grazas a Reme, coordinadora da Furgoteca, a Pepe, concelleiro de cultura e ao Concello de Sandiás por traer esta iniciativa a través da Furgoteca.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?