A Furgoteca regresa a Sandiás

A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, volve a Sandiás este mes de febreiro cunha nova ruta de paradas para achegar a lectura a toda a veciñanza. Unha iniciativa que facilita o acceso a libros e materiais de lectura en diferentes puntos do concello.

Se che gusta ler, descubrir novas historias ou simplemente desfrutar do pracer da lectura, non perdas esta oportunidade de visitar a biblioteca sobre rodas!

Calendario de febreiro

📌 13 de febreiro 

  • 10:00 – 10:30 h | Lavandeira e Zadagós (Centro Orixe)
  • 10:45 – 11:15 h | Chousela, A Corga e Cardeita (Escolas da Corga)
  • 11:30 – 13:00 h | Sandiás (CEIP e PAI)
  • 13:15 – 13:45 h | Cerredelo (A beira da marquesiña)

 

📌 26 de febreiro 

  • 10:00 – 11:00 h | Sandiás e Coalloso (Praza do Concello)
  • 11:15 – 11:45 h | Santana, Novaíño, Ladeira, As Pegas e O Castro (Praza Centro de Santa Ana)
  • 12:00 – 13:00 h | Piñeira, A Fonteela e Arcos (Vivenda Géminas)
  • 13:15 – 13:45 h | Couso de Limia (Forno)
  • 14:00 – 14:30 h | Vilariño das Poldras (Aira da Pata)

 

A Furgoteca permite que persoas de todas as idades poidan acceder a libros, revistas e outros materiais sen necesidade de desprazarse a unha biblioteca convencional. Ademais, promove o hábito da lectura e o acceso á cultura en zonas rurais.

📍 Consulta as próximas visitas e non perdas esta oportunidade de gozar da lectura!

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?