A Limia enchése de aves e natureza!

Chega unha cita moi especial para os amantes das aves, da biodiversidade e do patrimonio natural: as XX Xornadas de Ornitoloxía “20 na Lima”, días para compartir coñecementos, descubrir a riqueza ornitolóxica do territorio e conectar con persoas apaixonadas pola natureza 🐦.

Consulta o cartel para coñecer as actividades 👀 e, se queres participar, podes facelo anotándote nesta ligazón: https://forms.gle/LMamBkCnKDDUjMXV7

📅 13 e 14 de novembro de 2026

Dúas xornadas para compartir coñecementos, descubrir a riqueza ornitolóxica da nosa comarca e gozar da natureza en compañía de expertos, ornitólogos e naturalistas.

📍 VENRES 13 DE NOVEMBRO – Casa da Cultura de Sandiás

🕟 16:30 h – Benvida a cargo de Felipe Traveso, alcalde de Sandiás.

🎤 Relatorio de Diego Rodríguez:
«Recursos e valores ornitolóxicos da Limia».

🕠 17:30 h – Encontro de ornitólogos e naturalistas de Galicia.

🍽️ 21:00 h – Cea.

📍 SÁBADO 14 DE NOVEMBRO

🔭 10:00 h – Saída ao campo polas Areieiras de Sandiás e Gomareite, unha oportunidade única para observar e coñecer de preto a riqueza natural do noso territorio.

💚 Vén celebrar connosco a xornada de ornitoloxía na Limia!

📩 Máis información:
info@xeodestinoalimia.gal
https://limia-arnoia.gal/a-limia-reune-especialistas-e-amantes-das-aves-nas-xornadas-de-ornitoloxia-20-na-limia/

📞 604 09 46 65

🌐 www.xeodestinoalimia.gal

Agardámoste! Comparte esta publicación e axúdanos a difundir a nosa paixón polas aves e pola natureza. 🐦

#ALimia #Ornitoloxía #XeodestinoAlimia #Sandiás #Biodiversidade #TurismoDeNatureza #Galicia #ObservaciónDeAves #NaturezaGalega #XornadasDeOrnitoloxía

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.