A SAÚDE MENTAL COMO UN ASUNTO PERSOAL E COLECTIVO NO PROGRAMA ROSALÍA EN SANDIÁS

Grazas as nove veciñas que participaron no obradoiro sobre saúde mental que tivo lugar o pasado mércores, 17 de setembro ás 16.00 h no salón de actos do Concello de Sandiás.
 
Tratouse da importancia da nosa saude mental. Que entendemos por saude mental, como xestionamos os nosos momentos de frustración, ansiedad, emocións, estrés…
 
Ante unha sociedade moi marcada polo estrés, a ansiedade, o sufrimento, a depresión… o autocuidado e a necesidade dunha boa rede social de comunicación son claves para mellorar o benestar emocional e mental. O obradoiro foi impartido pola psicóloga do Programa Rosalía, Emma. Preto de dúas horas reflexionando sobre a saúde mental das  mulleres e compartindo opinións e experiencias sobre como se valoran a si mesmas e a influencia da saúde mental na saúde física.
 
Tamén reflexions sobre o impacto do patriarcado na saude mental e na construcción do benestar desde o autocuidado.
 
O Programa Rosalia desenvólvese nos concellos de Sandiás, Concello de Xunqueira de Ambía Rairiz de Veiga e Concello de Vilar de Barrio. Para todas as mulleres da Comarca da Limia!
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?