A veciñanza de Sandiás fórmase en seguridade e benestar nas aldeas rurais

No marco do Programa de Dinamización Socio-Comunitaria do Concello de Sandiás, Fernando Gándara Gándara, Master en Criminalística e Conselleiro Superior en Ciencias Forenses pola UAB, impartiu unha excelente e práctica charla-obradoiro sobre benestar e seguridade no mundo rural enfocada a todos os veciños e veciñas. Desenvolveuse na tarde do  Xoves, 27 de Xuño de 17.00 h-18.00 h no Salón de Actos da Casa de Cultura do Concello de Sandiás.

 Nesta charla práctica, impartida por Fernando Gándara, experto que traballa sobre o terreo e dispón de gran experiencia, respondeuse as preguntas que lle preocupan ao público e entre outros temas falouse de recomendacións e medidas prácticas para evitar un roubo na casa, prevención e riscos na Internet, como reaccionar ante chamadas telefónicas de descoñecidos, estafas, timos e ameazas en relación coas persoas e as propiedades, pedir información sobre cando corresponden as revisión técnicas no fogar, non falar con estraños sobre plans de viaxes ou publicalas en redes sociais e outras moitas estratrexias prácticas. Así mesmo tratáronse aspectos prácticos ante roubos, ladróns que entran na casa, rutinas a poñer en práctica na vida diaria e teléfonos de referencia que sempre convén ter a man.

 

Non será a última charla  sobre benestar e seguridade que se desenvolverá no marco do programa de dinamización socio-comunitario xa que a dispersión da poboación no rural, o envellecemento progresivo da poboación, a soidade non desexada, a crise económica e a perda progresiva dos valores relacionados coas alianzas comunitarias entre os veciños, fainas moi necesarias.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?