A violencia de xénero tamén se agocha no invisible: Sandiás aposta por aprender a detectala a tempo

A Casa da Cultura de Sandiás acolleu este mércores, 8 de xullo, unha nova sesión do Programa Rosalía, dinamizada por Laura Seara Sobrado, centrada na identificación daqueles sinais de violencia de xénero que, en moitas ocasións, pasan desapercibidos, pero que poden resultar decisivos para cambiar vidas.
 
Durante o encontro púxose de manifesto que a prevención da violencia de xénero comeza moito antes de que se produzan as agresións máis visibles. Aprender a recoñecer actitudes de control, manipulación ou violencia psicolóxica constitúe unha ferramenta esencial para actuar con antelación e evitar que estas condutas se consoliden.
 
A xornada ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e diálogo no que as persoas participantes puideron afondar na identificación destas situacións e compartir experiencias sobre como contribuír á construción de relacións máis libres, igualitarias e respectuosas.
 
Desde a organización subliñouse a vontade de manter este espazo aberto a toda a veciñanza, lembrando que a prevención da violencia de xénero é unha responsabilidade compartida que require da implicación de toda a comunidade.
 
Informarse, participar e compartir experiencias, afastándose de posturas individualistas, constitúe tamén unha forma de coidar e protexer o ben común e fortalecer a convivencia veciñal.
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.