A Agrupación de Protección Civil de Sandiás foi activada o luns 2 de novembro, ás 19:26 horas, a través do 112, para intervir nunha colisión rexistrada na saída da autovía, no termo municipal de Sandiás, en sentido Vigo.
O accidente produciuse cando un turismo impactou contra os restos dun pneumático que se atopaban na calzada.
Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais nin se rexistraron feridos.
Os voluntarios de Protección Civil de Sandiás desprazáronse ata o lugar para atender a incidencia e colaborar nas tarefas necesarias para garantir a seguridade na zona.
👏 Grazas aos voluntarios polo seu traballo e compromiso coa seguridade da cidadanía.