Acondicionamento de camiños e rúas na aldea das pegas, cardeita e Sandiás cun presuposto de preto de 49.000 euros

Nesta intervención de mellora fruto dunha subvención da Deputación de Ourense cun presuposto de 40.000 Euros e unha aportación do Concello de Sandiás de 8.000 euros, contemplouse a intervención sobre ampliación e mellora dun camiño na Aldea das Pegas, acondicionamento dun camiño na aldea de Cardeita, reparación da rede de pluviales no Barrio de Abaixo na aldea de Sandiás e acondicionamento da rúa San Bieito e a Fonte do Regueiriño na aldea de Sandiás.  A empresa adxudicataria das obras foi Excavaciones P. Prol S.L.

Nas zonas anteriormente citadas leváronse a cabo demolicións e levantado de pavimento asfáltcio, corrección de rasantes, reposición de novo pavimento de formigón en masa, reposición de sumidoiros, posta a cota de tapas de pozos e arquetas existentes, escavacións en gabia para aloxamento de nova rede de pluviais, dobres regas asfálticos e limpeza de cunetas mediante retroexcavadoas e motoniveladoas.

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou en cada unha das lexislaturas no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais. A mellora das infraestructuras rurais mostradas nalgunhas fotografías contribúen a xerar cohesión social e territorial, melloran as condicións de vida no medio rural. En particular, os camiños e variadas rúas de acceso facilitan a accesibiliade e vertebración do territorio e melloran o tránsito de vehículos e persoas.

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.