ACONDICIONAMENTO DE VIAIS NA ALDEA DE SANDIÁS CUN PRESUPOSTO DE 50.000 EUROS

ACONDICIONAMENTO DE VIAIS NA ALDEA DE SANDIÁS CUN PRESUPOSTO DE 50.000 EUROS

Nesta intervención de mellora fruto dunha subvención da Deputación de Ourense cun presuposto de 50.000 Euros, contemplouse a intervención sobre o vial ao carón do grupo escolar Ceip de Sandiás dende a Rúa do Pegal ata a estrada OU-1116;  a mellora na Rúa do Pegal dende a Nacional-525, melloras no camiño da aldea de Arriba dende o Ceip ata a Rúa Regueriño e finalmente melloras na Rúa Regueiriño dende a Nacional-525. A empresa adxudicataria das obras foi Excavaciones P. Prol S.L.

Nas zonas anteriormente citadas leváronse a cabo apertura de cunetas, limpeza de bordes laterais do vial mediante desbroce, execución dunha capa de macadán de canteira, limpeza do pavimento, reparación total e acheo de zonas puntuais, rexeneración do pavimento mediante unha dobre rega asfáltica con emulsión e colocación de tapas de rexistro e reixas sumidoiro.

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do mantemento e renovación de infraestruturas básicas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais.

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.