ACONDICIONAMENTO DE VIAIS NAS PARROQUIAS DE PIÑEIRA DE ARCOS E COUSO DE LIMIA CUN PRESUPOSTO DE PRETO DE 49.000 EUROS

Nesta intervención de mellora fruto das aportacións do Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Ourense (CooperOU), cun presuposto de 48. 399, 02  Euros, contemplouse a intervención sobre ampliación de acceso en O Couso, intervención na Rúa do Pasadizo en Vilariño das Poldras, e acondicionamento de camiño na aldea de Arcos. A empresa adxudicataria das obras foi Explotacións Medioambientais. S.L.

Nas zonas anteriormente citadas leváronse a cabo apertura de cunetas, limpeza de bordes laterais do vial mediante desbroce, execución dunha capa de macadán de canteira, limpeza do pavimento, reparación total e acheo de zonas puntuais, rexeneración do pavimento mediante un doble riego asfáltico con emulsión y colocación de tapas de registro  y rejillas sumidero.

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do mantemento e renovación de infraestruturas básicas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais.

 

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?