A obra levouse a cabo coas axudas para actuacións en camiños rurais cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027, cunha cantidade de 23. 275, 73 euros e a aportación do IVE por parte do Concello. A empresa encarga de realizar as obras foi Excavaciones P. Prol S.L.
O camiño da aldea de Arcos discorre dende as inmediacións da aldea ata a Nacional 525. Na aldea de Cardeita arrexáronse tres tamos do Tesiño dende o núcleo de Cardeita ata a vía que une as aldeas de A Corga e As Pegas. Na aldea de Cerredelo arrexáronse tramos dende o núcleo deniminado “Cruce de San Bieito” ata o núcleo rural da propia aldea de Cerredelo. As actuacións a realizar foron bacheo de fochas, limpeza de firme por medios mecánicos, desbroce e retirada de vexetación herbácea, limpeza de foxo con motinoveladora e dobre rega asflática,
Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou en cada unha das lexislaturas no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais. A mellora das infraestructuras rurais mostradas nalgunhas fotografías contribúen a xerar cohesión social e territorial, melloran as condicións de vida no medio rural. En particular, os camiños e variadas rúas de acceso facilitan a accesibiliade e vertebración do territorio e melloran o tránsito de vehículos e persoas.























