Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais.
A obra está subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) cun importe de 49.666 Euros e o IVE por parte do Concello de Sandiás cunha aportación de 10.429,86 euros. A empresa encarga de realizar as obras: EMPRESA TRANSPORTES Y EXCAVACIONES P. PROL.
En relación cos dous camiños transversais e tramo 1 e 2 da Vivenda Comunitaria Géminas en Piñeira de Arcos e camiños en Vilariño das Poldras as obras constan en retirada de vexetación herbácea, limpeza de firme por medios mecánicos, dobre rega asfáltica e recalce de tapas de rexistro.
En relación coa intervención en camiños en Zadagós as obras constan tamén nas actuacións anteriores máis limpeza de dous foxos con motoniveladora e bacheo do firme con pedra.
En relación coa intervención na Corga as obras levaránse a cabo no tramo da aldea con bacheo, limpeza firme limpeza cunetas, dobre rega sfáltica, pavimento de formigón e recalce de tapas de rexistro. Tamén se levarán a cabo intervención no tramo da pista con bacheo, limpeza de firme, desbroce vexetación, cunetas e dobre regra asfáltica.
A primeira fase das obras correspondeu a aldea de Piñeira de Arcos e Zadagós e a segunda fase das obras desenvolverase en A Corga e Vilariño das Poldras.