Acondicionamento e mellora de camiños muñicipais na rúa irmáns feijóo, fabariza e a ponte na aldea de piñeira cun presuposto de preto de 26.000 euros

A obra está subvencionada pola Deputación Provincial de Ourense cunha cantidade de 20. 989, 43 euros e a aportación do IVE por parte do Concello con 4.4.07,80 euros.  A empresa encarga de realizar as obras foi EMPRESA EXPLOTACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS. SL.

 

En relación coa rúa Irmáns Feijóo, rúa Fabariza e rúa A Ponte as obras consistiron en roza vexetal, retirada de pedras nalgunhas beiras, bacheo e dobre rega asfáltico favorecendo a limpeza do espazo da vía, evitando que a vexetación dos bordos invada a vía e corrixindo as varias fochancas existentes.

 

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou en cada unha das lexislaturas no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais. A mellora das infraestructuras rurais mostradas nalgunhas fotografías contribúen a xerar cohesión social e territorial, melloran as condicións de vida no medio rural. En particular, os camiños e variadas rúas de acceso facilitan a accesibiliade e vertebración do territorio e melloran o tránsito de vehículos e persoas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.